Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Curso de Prevención de Riscos Laborais

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción, oferta dous cursos gratuítos de Prevención de Riscos Laborais:

  • Nivel básico de Prevención de Riscos Laborais, para o sector da construcción. Duración: 60 horas presenciais
  • Prevención de Riscos Laborais para traballos de albanelería. Parte Específica. Duración: 6 horas presenciais

O curso desenvolverase nas instalacións do Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, en Alvelos,1, Guillarei, na segunda quincena de outubro.

A duración será de 13 días, a razón de 5 horas diarias, do 14 ao 30 de outubro de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

O número de prazas para a súa realización é de 25 persoas. A admisión do alumnado será por orde de inscrición. A data límite de inscrición é o 30 de setembro

A inscrición pódese facer polos seguintes medios, enviando nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto:

  • Por correo electrónico cfo@tui.gal
  • Por teléfono no 986 60 39 49 de 9:00 a 14:00  h de luns a venres ou no 670 24 56 33
  • Presencialmente no Centro Municipal de Formación de 9:00 a 14:00 h, de luns a venres

Información básica sobre protección de datos:

(Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril 2016 e Lei Orgánica de Protección de Datos e garantía de dereitos dixitais, 3/2018): O Concello de Tui é o responsable do tratamento dos seus datos persoais coa finalidade da realización de cursos de Prevención de riscos laborais, baixo a lexitimación de cumprimento dunha Misión de interese público ou Exercicio de poderes públicos (art. 6.1 e) do RGPD). Os seus datos tamén serán tratados pola Fundación Laboral da Construción quen implantará os cursos, non cedéndose a terceiros, salvo obrigación legal. Asístenlle os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, portabilidade e limitación que poderá exercer nas nosas oficinas ou no enderezo electrónico: rexistro@tui.gal, onde poderá solicitar o modelo para iso. Dispón da información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa web www.tui.gal no apartado de políticas de privacidade.