Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas na ARI

ARI DO CONXUNTO HISTÓRICO DE TUI

O Conxunto Histórico de Tui foi declarado Área de Rehabilitación (ARI) o 6 de setembro de 2001 segundo as disposicións do R.D. 1196/1999 sobre Medidas de Financiamento de Actuacións en materia de Vivenda e Solo do Plan 1999-2001.

Esta declaración constitúe unha peza básica para a recuperación e rexeneración do conxunto histórico da cidade, xa que aporta a posibilidade de recuperar o tecido residencia na zona. Con esto preténdese mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas e promover a ocupación daquelas que foron nos últimos anos abandonadas, aumentando os residentes, actividades sociais e a mellora dos servicios esenciais.

ÁMBITO DA ARI DO CONXUNTO HISTÓRICO DE TUI

Tres barrios son os que se inclúen no ámbito delimitado pola Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico Artístico de Tui:

1.- A Cidade Medieval - Intramuros

A Cidade Medieval ocupa a zona central, delimitada pola antiga muralla medieval, que aínda se conserva nalgúns puntos, conta con dous elementos BIC: O Conxunto Histórico da Cidade de Tui, declarada conxunto histórico polo Decreto 2286/1997 de 19 de agosto, e a Catedral da Nosa Señora da Asunción, declara Monumento polo Decreto de 03/06/1931.

2.- A Cidade Contemporánea – San Domingos

San Domingos situado entre a muralla medieval e a contemporánea, onde se atopa o Convento de San Domingos e conta cun elemento declarado BIC, a Igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento polo Decreto de 3/06/1931.

3.- Extramuros – San Bartolomeu

San Bartolomeu, ao norte, afastado da cidade medieval, ao longo do Camiño Romano Real, Romano ou Camiño Vello, atópase a Igrexa Parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns e a Casa Reitoral.

A Área de Rehabilitación comprende as seguintes rúas:

CIDADE MEDIEVAL SAN DOMINGOS SAN BARTOLOMEU
Canella do Ouro Rúa Antero Rubín Rúa de San Bartolomeu
Canella do Tide Núm. vivendas pares: Do 16 a 24 Rúa Arraial
Praza da Armada Española Núm. vivendas impares: Do 37 a 51 Núm. vivendas pares: Do 2 a 10
Praza da Estrela   Núm. vivendas impares: Do 1 a 7
Praza de San Fernando    
Praza do Concello    
Praza do Fromista    
Rúa Antero Rubín    
Rúa Bispo Castañón    
Rúa Bispo Lago    
Rúa Cuenca    
Rúa das Monxas    
Rúa de Porta de Pía    
Rúa de San Telmo    
Rúa do Ouro    
Rúa do Pracer    
Rúa do Tide    
Rúa Entrefornos    
Rúa Ordóñez    
Rúa Párroco Rodríguez Vázquez    
Rúa Sanz    
Rúa Seixas    

AXUDAS ARI CONCELLO DE TUI - PLAN VIVENDA ESTATAL 2018-2021

Con data 10/03/2015 publicouse o Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. (BOE nº 61 do 10 de marzo de 2018)

Tras a sinatura, o día 26/10/2018, do acordo da comisión bilateral entre a Administración do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui, no marco do RD 106/2018, do 9 de marzo, polo que se prorroga o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, o Concello de Tui aprobou a Ordenanza Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios, Vivendas e Urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui para a 13ª Fase (BOP núm. 10, do 16 de xaneiro de 2020) e as Bases e Convocatoria pública das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui – Fase 13ª (BOP núm. 33, do 18 de febreiro de 2020).

Bases completas

As bases e convocatoria entran en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP. 

PRAZO DE SOLICITUDE 

O prazo de solicitude é de 3 meses a contar desde o día seguinte ao da publicación das Bases e Convocatoria pública das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui – fase 13ª no BOP (BOP núm. 33, do 18 de febreiro de 2020)

IMPORTE DAS AXUDAS

1.-  SUBVENCIÓN ESTATAL

Será o resultado de aplicar os dous límites de forma simultánea sinalados no cadro resumo elaborado coa propia regulación establecida nos artigos 47 e seguintes do PEV 2018-202, así como o criterio complementario do Ministerio de Fomento, sendo as subvencións a menor das cantidades que resulte destes dous cálculos

2.- SUBVENCIÓN AUTONÓMICA

O IGVS con cargo aos seus orzamentos, subvencionará ata 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder o 10 % do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio.

ANEXOS PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS

Como trámite previo á solicitude de subvención, deberase solicitar a visita de inspección, a cal levará a cabo a Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello, co fin de comprobar o estado do inmoble e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación.