Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Orde do 2 de agosto de 2019 polo que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.
1.- CONTÍAS ECONÓMICAS
- Liña A
- 40% da renda mensual do alugamento, en xeral
- 50% da renda mensual do alugamento en caso de persoas que na data da presentación teñan máis de 65 anos.
- Liña B
- 50% da renda mensual do alugamento, para persoas que na data da presentación da solicitude non teñan cumprido 35 anos.
* Non se subvencionan os gastos de comunidade, aluguer de garaxes nin rochos.
2.- PERSOAS BENEFICIARIAS
- Titulares en condición de persoa inquilina, dun contrato de aluguer de vivenda cunha duración dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
- Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o periodo que se conceda a axuda.
- Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os 400 €.
- Entre outras condicións, non poderán ser propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en España.
3.- INGRESOS MÍNIMOS E MÁXIMOS
- Os ingresos das persoas da unidade de convivencia (persoas empadroadas na vivenda) deben estar entre os seguintes límites:
INGRESOS MÍNIMOS |
INGRESOS MÁXIMOS |
0,7 IPREM – 5.263,71 € |
2 IPREM – 15.039,18 € |
4 IPREM – 30.,078,36 € |
|
5 IPREM – 37.597,95 € |
< 2 IPREM, en caso xeral
< 4 IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa ou ten persoas con discapacidade distinta ás nomeadas no punto seguinte.
< 5 IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa especial ou ten persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
- Parálise cerebral, enfermidade metal, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grado de discapacidade > 33 %
- Discapacidade física ou sensorial, cun grado de discapacidade > 65 %
4.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Anexo I, solicitude das axudas.
- De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe en nome da solicitante. (Axúntase modelo da Xunta).
- Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
- Xustificante de empadronamento conxunto das persoas integrantes da unidade de convivencia.
- Anexo II, declaración responsable das persoas integrantes da unidade familiar.
- Anexo III, compromiso de someterse ás condicións do alugamento asinado pola persoa arrendadora e a persoa inquilina.
- Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, en caso de non presentar declaración de IRPF ou percibir algunha das rentas exentas de presentar IRPF, acompañada da seguinte documentación:
- Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
- Certificación de pensións emitido ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
- Certificado da contía precibida pola renda de integración social de Galicia.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante e/ou das persoas que integran a súa unidade de convivencia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta.
5.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
- A solicitude xunto coa documentación presentarase por vía electrónica ou en papel dirixida á Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
- O prazo de presentación da solicitude é dun mes (1 mes) contado dende o día 12/09/2019, incluído. Ata o 11 de outubro de 2019.
* Esta información é un resumo do especificado na Orde do 2 de agosto de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Para ver casos especiais remítanse á Orde arriba citada publicada no DOG nº 172 do 11/09/2019.
* Código de procedemento sede electrónica da Xunta de Galicia : VI432.
Máis información:
- Oficina de Rehabilitación ARI
- Casa do Concello de Tui
- Teléfono 986 60 36 25 – Ext. 18
- E-correo: ari@concellotui.org
- Horario: Martes e xoves de 9 a 14 h
- Consellería de Md. Ambiente, Territorio e Vivenda – IGVS
- Rúa Alcalde Hevia, nº 7 – Pontevedra
- Teléfono: 012