Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

XXXIII Desfile – Concurso de Comparsas e Grupos

Data: 
25/02/2020
Lugar: 
Rúas Casal Aboy e Compostela

O martes, 25 de febreiro de 2020, celébrase en Tui o Martes de Entroido, data que será festivo local na cidade.

Trece comparsas participarán neste Desfile Concurso de Entroido. A representación local virá man das comparsas tudenses Cantos Somos; Arume de Malvas; Lembranzas da Terra de Guillarei, Entroido de Pexegueiro e da Comisión de Festas de Nosa Señora da Guía de Randufe.

Doutros municipios chegarán ao Entroido tudense as comparsas Borralliño de Soutelo i En Loureiro como Sempre da Picoña, ambas de Salceda; Luces de Tomiño;  Terra de Condes de Redondela; asociación cultural de Pontellas do Porriño; Parada do Miñor de Nigrán; O Millor de Cada Casa de Vincios de Gondomar e Barca de Loimil de Arbo.

En conxunto serán 888 persoas desfilando con 18 carrozas e 59 músicos. Repartiranse 5.600 euros e trofeos nos 18 premios establecidos en catro categorías: xeral, carroza, acompañamento musical e fantasía.

*En caso de choiva celebrarase o sábado, 29 de febreiro, ás 17:00 h

A sátira, a ironía, o humor, o corido,… encherán as rúas novas de Tui nunha nova edición do Desfile Concurso de Entroido. 

Ver bases e documentos

 

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Desfile Concurso de Entroido o martes 25 de 14 a 21 h estarán pechadas ao tráfico e ao estacionamento as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo. Amais o tramo da rúa Ourense comprendido entre a rúa Maristas e a rúa Compostela estará pechada ao tráfico e non se poderá estacionar dende ás 10 h da mañ do martes 25 até ás 2 h da madrugada do mércores 26.

Debido á celebración do desfile as paradas do autobús situadas na rúa Ourense o martes de 12 a 00 h realizaranse no Paseo da Corredoira.