Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XVII Andaina Tudense Solidaria

Data: 
11/07/2020
Lugar: 
Tui

O sábado 11 de xullo vaise celebrar a XVII Andaina Tudense Solidaria organizada polo club AndaTui coa colaboración do Concello de Tui. Realizará un percorrido de 23 quilómetros dende a praza de San Fernando, subindo ao cumio do Parque Natural do Monte Aloia e regreso ao Paseo da Corredoira.  Saída escalona por grupos dende ás 10 h.

A inscrición está aberta até o xoves 8 de xullo. 

Será solidaria a favor de SOS Tomiño Baixo Miño,  polo que dende a organización solicitan que no momento da recollida do dorsal se entregue un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

+ info www.andatui.es