Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornadas Rosendo Salvado

Data: 
27/02/2023
Lugar: 
Tui

O próximo mércores, 1 de marzo, cúmprense 209 anos do nacemento en Tui de Rosendo Salvado. Por este motivo o Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado do luns 27 de febreiro ao xoves 2 de marzo.

O programa das Xornadas Rosendo Salvado – 2023 abrangue as seguintes actividades:

Luns, 27 de febreiro, ás 19.30 h

María Jesús Lorenzo Modia, catedrática da Universidade da Coruña pronunciará a conferencia titulada: “Revisitando a Rosendo Salvado, o galego amigo dos aborixes.

A profesora Lorenzo Modia especialista en literatura en lingua inglesa e tamén nas relacións entre Galicia e Australia, ten abordado en diversas oportunidades a figura de Salvado como expoñente destas relacións.

Martes, 28 de febreiro, ás 17.30 h

Ruta sobre Rosendo Salvado e Tui.

Inicio no Arquivo da Catedral que conserva diversas documentación sobre Frei Rosendo Salvado, completando posteriormente a visita por diversos lugares da cidade vinculados a súa figura.

Prazas limitadas. Cómpre inscrición previa en biblioteca@tui.gal

Mércores ,1 de marzo, ás 19.30 h

Presentación do libro de Albino Prada Blanco “O país dos sen alma. Rosendo Salvado en Australia (1856-1899)” editado pola Universidade de Vigo (2023).  Albino Prada constrúe esta historia que se algo aporta, ademais da súa vontade de síntese, é a de ter sido elaborada cunha perspectiva aconfesional, laica e independente. Rosendo Salvado deixou, para Albino Prada, unha pegada premonitoria, e aínda actual, para este século XXI: a idea de que outra globalización era posible.

Xoves, 2 de marzo, 19.30 horas

Conferencia “Rosendo Salvado: el importante legado de un misionero ilustrado español en la compleja colonización europea de Australia” de Enrique Viguera Rubio, embaixador de España en Australia entre os anos 2011 e 2015,  estivo tamén como embaixador en Suecia, Grecia, etc e foi director da Escuela Diplomática. A súa intervención achegaranos á visión que dende Australia se da á figura de Rosendo Salvado.

 

As conferencias terá lugar na Sala Félix Rodríguez González, edificio “Francisco Sánchez” ( antiga Área Panorámica) ás 19.30 h.