Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornadas “Os xudeus e conversos en Galicia: Os seus lugares, a súa historia”

Data: 
13/02/2020
Lugar: 
Aula da UNED, Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos

A aula da UNED de Tui acollerá este xoves, 13 de febreiro as Xornadas “Os xudeus e conversos en Galicia: Os seus lugares, a súa historia”. O programa previsto é o seguinte: 

  • o    Ás 10 h inauguración a cargo do alcalde e do concelleiro de Turismo
  • o    Ás 10.15 h A xudería de Tui, por Suso Vila, historiador
  • o    Ás 11.00 h A Xudería de Ribadavia, por Antonio Míguez Amir, responsable da Oficina de Turismo de Ribadavia e do centro de información xudea de Galicia
  • o    Ás 12.15 A Xudería de Monforte de Lemos por Gloria Prada, responsable da Rede de Xuderías de Monforme de Lemos
  • o    Ás 13 h os xudeus de Ourense, Allariz e Monterrei a cargo de María Gloria de Antonio Rubio, historiadora e investigadora do CSIC
  • o    Mesa de debate. Nexos xeográficos e profesionais entre as comunidades xudías de Galicia

O xoves ás 15.30 h está prevista unha visita á xudería de Tui guiada por Suso Vila

Xa o venres sairá dende Tui un autocar para relizar sendas visitas ás xuderías de Ribadavia e Monforte de Lemos. O programa nesta xornada é o seguinte:
o    Ás 9.30 h saída en autocar dende Tui
o    Ás 10.30 h visita á Xudería de Ribadavia a cargo de Antonio Míguez Amil
o    Ás 15.30 h Visita á xudería de Monforte de Lemos
o    Ás 17.30 h retorno a Tui e fin das xornadas

Poden participar nestas xornadas tanto socios da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, APIT,  coma público en xeral interesado. Deben contactar co correo info@guiasdegalicia.org. Asociados 20€ - non socios 40€.