Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Data: 
1/09/2022
Lugar: 
Tui

Tui súmase un ano máis á celebración da Xornada Eupea da Cultura Xudía, coma un dos municipios pertencentes á Red de Juderías. O programa previsto é o seguinte: 

Xoves, 1 de setembro

  • Ás 20.00 h no Anexo Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui
    • Inauguración da exposición “As familias cripto-xudías, entre a diáspora e a asimilación: os Coronel”. Visita guiada á exposición polo comisario Suso Vila
  • Ás 20.30 h no edificio Francisco Sánchez
    • Mesa redonda “Anticipando o IV centenario de Francisco Sánchez”, coa participación de Suso Vila, Rosendo Bugarín González e Rafael Sánchez Bargiela.

Venres, 2 de setembro

  • Ás 11.00 h ES no Paiol de Marte en Valença
    • Inauguración da exposición “Diálogos”
  • Ás 12.30 h na fachada Casa do Concello
    • Descubrimento placa de bronce Red de Juderías
  • Ás 22.30 h con inicio na Oficina de Turismo
    • Visita á luz das candeas á historia xudía de Tui

Sábado, 3 de setembro

  • Na praza da rúa Ordóñez
    • Photocall da Red de Juderías para concurso, con sorteo de agasallos
  • Dende ás 9.00 h no Paseo da Corredoira
  • Confección dunha alfombra de flores dedicada ao Camiño de Santiago Portugués. Organiza: Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.
  • Ás 12.00 h con inicio na Oficina de Turismo
    • Visita guiada á colección de Sambenitos

Domingo, 4 de setembro

  • Na praza da rúa Ordóñez
    • Photocall da Red de Juderías para concurso, con sorteo de agasallos
  • APRAZADA PARA O DOMINGO 11 Ás 12.00 h con inicio na Oficina de Turismo
    • Visita teatralizada ao patrimonio xudío de Tui
  • Ás 20.00 h na praza do Pracer (*En caso de choiva na igrexa de San Domingos)
    • Concerto de música sefardí con Helena Madeira

Luns, 5 de setembro

  • Ás 20.00 h no Edificio Francisco Sánchez
    • Conferencia de Elyjah Byrzdet, investigador, autor de varios libros de historia, xudaísmo e xenealoxía, co título "Lo que debes conocer de los judíos”

Mércores, 7 de setembro

  • Ás 20.00 h na Sala de Exposicións do Concello de Tui
    • Inauguración da exposición “Portas de Tui e Valença” de Rosa María Vila

Domingo, 11 de setembro

  • Ás 12.00 h con inicio na Oficina de Turismo ( Estaba prevista para o domingo 4 pero pola choiva aprazouse para o domingo 11)
    • Visita teatralizada ao patrimonio xudío de Tui

Do 1 ao 11 de setembro

  • Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau