Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Data: 
1/09/2017
Lugar: 
Antigo Convento de San Domingos

Do 1 ao 3 de setembro en Tui

Dar a coñecer o importante patrimonio vinculado á cultura xudía é o obxectivo das actividades que se van celebrar en Tui do 1 ao 3 de setembro dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que este ano teñen por lema “Diáspora”.

Este é o programa previsto: 

  • Venres 1
    • Ás 17h na sala de conferencias da aula da UNED no antigo convento de San Domingos.
      • Inauguración e seminario “As paisaxes do exilio: a migración e o segredo das familias sefardís”
        • Intervencións Rafael Sánchez Bargiela, historiador e xerente do Xacobeo, que falará de Francisco Sánchez
        • Suso Vila, historiador, ·As paisaxes do exilio: a migración e o segredo das familias sefardíes”
        • José Manuel Laureiro e Anu Barrios, investigadores da cultura xudía, “Vestigios criptojudíos en la raya. Una cultura de resistencia”
    • A continuación inauguración das exposicións “O exilio da filosofía: Francisco Sánchez, o tudense” e “As familias criptoxudías: entre a diáspora e a asimilación: os Coronel” que se poderán visitar ata o 15 de setembro
    • Ás 20.30h visita guiada gratuíta dende a Praza da Inmaculada “Comunidade xudía medieval”
  • Sábado 2
    • Ás 18h na Sala de Conferencias da Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos  proxección de cinema de temática serfardí
    • Ás 20.15h Visitas guiada gratuíta dende a Praza da Inmaculada “O criptoxudaísmo na cidade histórica”
  • Domingo 3
    • Ás 18h na Sala de Conferencias da Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos  proxección de cinema de temática serfardí
    • Ás 20.15h Visitas guiada gratuíta dende a Praza da Inmaculada “A represión e a disidencia relixiosa: cárceres e Inquisición”.
  • Organiza: Concello de Tui