Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Xornada sobre San Domingo: arte e historia

Data: 
7/08/2019
Lugar: 
Igrexa de San Domingos

O mércores, 7 de agosto, celébrase a Xornada sobre San Domingo: arte e historia organizada polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui e Asociación de Amigos da Catedral de Tui. O programa previsto, a celebrar na propia igrexa, é o seguinte.

  • Ás 18.30 h acto de benvida e conferencia “Los Sotomayor: un linaje entre Galicia y Portugal” a cargo de José Augusto Sotomayor Pizarro, da Facultade de Letras da Universidade de Porto, e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés do Instituto Padre Sarmiento do CSIC.
  • Ás 19.30 h Visita comentada á igrexa “El arte gótico en Santo Domingo de Tui” por Carmen Manso Porto, Biblioteca da Real Academia de Historia, especialista en arte dos dominicos en Galicia.
  • Ás 20.30 h Conferencia “El convento de Santo Domingo de Tui: foco de devociones dominicas en el Baixo Miño del Barroco” por Domingo González Lopo, da Universidade de Santiago de Compostela
  • Ás 21.30 h Momento musical a cargo do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.