Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XIII Semana de Teatro Amador

Data: 
5/04/2023
Lugar: 
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez

Dentro da programación das Festas de San Telmo 2023 o Teatro Municipal de Tui acollerá entre o martes 11 e o venres 14 a  XIII Semana de Teatro Amador. As entradas para cada representación están xa á venda no enlace que figura a continuación. Amais cada xornada ás 20 h poranse á venda 100 entradas no despacho de billetes para a representación desta noite.  

Martes 11 ás 21 h o grupo de Teatro Chirlomirlo de Randufe estrea “Don Quixote”.

Mércores 12 ás 21 h o grupo de teatro San Fins de Rebordáns estrea “A comisión da Valadas”.

Xoves 13 o  grupo de teatro A Insua de Caldelasestrea “E ti, a que escola fuches?”

Venres 14 o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea “Deus (unha comedia)”.