Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xampatito con "Só"

Data: 
30/10/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O venres, 30 de outubro, ás 19.30 h, chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo de circo-teatro “” da man de Xampatito Pato. Un espectáculo que ten recibido numerosos galardóns, entre eles o 2º Premio Panorama Circada 2019, e o Premio do Público do Festival Malabharía 2020.

“Só” achéganos a historia dun personaxe, único na súa especia, obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Pero está rodeado de caixas que escapan do seu control polo que xoga con elas para darlles forma. Do caos de partida xorde un universo onde se inventa a risa, e se crea unha loucura cómica, que se transforma nun novo ser, cunha nova figura.

  • Idea orixinal: Jesús Velasco
  • Dirección: Arturo Cobas
  • Elenco: Jesús Velasco
  • Vestiario: Alicia Tojo
  • Escenografía: Cruz Velasco Pajares e Jesús Velasco
  • Fotografía: Leticia Martiño e Sol Álvarez
  • Deseño de iluminación: Flavia Mayans e Javier Lemus
  • Deseño gráfico: Brer Ballesteros
  • Vídeo: Malala Ricoy

Duración: 50 minutos.

Entradas: 4€ e 3€. Á venda dende o luns 26 de outubro. Capacidade limitada a 60 butacas dispoñibles.

Comprar entradas