Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visitas Guiadas Coñece O Noso Patrimonio

Data: 
22/08/2023
Lugar: 
Tui

Ata o 25 de agosto ten lugar o programa de visitas guiadas  “Coñece o noso patrimonio” organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

O obxectivo desta actividade é  realizar un achegamento a diversos espazos patrimoniais da man persoas especialista en distintas ámbitos e pertencentes ao Instituto de Estudos Tudenses.

Inscrición 

O aforo das visitas está limitado, polo que é preciso inscrición previa enviando un correo a biblioteca@tui.gal co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta na que a persoa se desexe inscribir indicando no asunto o día da ruta elixida.

Programa de visitas

  • Mércores, 9 de agosto. 20.30 h
    • “Igrexa de San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco” guiada polo historiador José Ramón Fernández Fernández.
    • Inicio no adro na igrexa de San Domingos 
  • Luns, 14 de agosto. 20.30 h
    • “O barrio histórico de Riomuíños” guiada polo historiador Suso Vila
    • Inicio no Lavadoiro de Riomuíños
  • Martes, 22 de agosto. 20.00 h
    • “A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico” acorrerá a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández.
    • Inicio na Praza de San Fernando
  • Venres, 25 de agosto. 20.00 h
    • “As murallas de Tui” guiada  polo arqueólogo Juan José Perles Fontao.
    • Inicio na Praza de San Fernando 
  • Inscrición previa enviando un correo a biblioteca@tui.gal co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta