Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visitas e actividades experimentais "Tralas pegadas do Tempo"

Data: 
17/08/2018
Lugar: 
Tui

Tralas pegadas do tempo” é o nome das visitas guiadas, conducidas por arqueólogos que a concellería de Cultura e Patrimonio organiza para as próximas semanas. Trátase de catro rutas nas que dun xeito lúdico, participativo e experimental, os participantes poderán descubrir parte do patrimonio arqueolóxico do municipio. Tamén como novidade ao comezo da visita haberá unha serie de actividades experimentais relacionadas cos modos de vida da prehistoria, tales como a descuberta do lume, introdución á caza, obradoiros de aerografía ou fundición de metais

Para participar nas vistas programadas é preciso inscribirse previamente a través do whatsapp 610 70 34 88, existindo un límite de 50 prazas por día. No caso de inclemencias meteorolóxicas ou alto risco de incendios serán adiadas.

Programa “Tralas pegadas do tempo”

  • Venres, 17 de agosto, ás 20.30 h. Lugar de recepción Chan do Carrasco, Randufe. Ruta dos petróglifos do Alto do Coello e Fontiñas.
  • Venres, 24 de agosto, ás 20.30 h. Lugar de recepción parque infantil da Macoca. Ruta dos petróglifos da Macoca e castro do Alto dos Cubos.
  • Sábado, 8 de setembro, ás 20.30 h. Malvas. Petróglifos do Rachadón e Mámoas da Chan do Tetón.
  • Sábado, 15 de setembro, ás 20.30h. Mámoas de Chan Longa e recinto fortificado do Monte Aloia.
  • As visitas terán un cupo de 50 persoas e será preciso inscribirse a través do whatsapp 610 70 34 88.
  • En caso de inclemencias meteorolóxicas ou alto risco de incendios serán adiadas.