Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita guiada aos muiños do Tripes

Data: 
11/08/2023
Lugar: 
Senda do Tripes

"Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” é o ´titulo das visitas organizadas  pola Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

As prazas para a visita do venres 11 e do venres 18 están xa completas. Haberá unha nova visita o venres 25 ás 10 h para a que as persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuíta en turismo@tui.gal.

Trátase dun percorrido sinxelo de dificultade baixa e apto para a toda a familia. A duración estimada é de 2 horas. Partirá da área recreativa de Circos.  As persoas participantes poderá coñecer os muíños construídos á beira do río Tripes, e coñecer polo miúdo o seu funcionamento, a importancia que tiveron no seu día, e terán a oportunidade de ver algún deles en funcionamento. Máis aló destes importantes elementos etnográficos a ruta conta tamén cun gran valor natural pola flora e fauna visible ao longo do percorrido, xa que cómpre lembrar que os muíños están situados no Parque Natural do Monte Aloia, o que foi o primeiro espazo natural protexido de Galicia.