Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui, O Camiño do Nadal

Data: 
1/12/2023
Lugar: 
Tui

Do 1 de decembro de 2023 ao 5 de xaneiro de 2024 celebrarase a programación "Tui, o Camiño do Nadal".

Acendido Alumeado & Decoración de Rúa

Venres, 1 de decembro, no Paseo da Corredoira

  • 17.00 h Animación infantil con Barafunda
  • 17.00 h Inauguración Mercado de Nadal
  • 18.30 h Acto inauguración alumeado
  • 19.00 h Actuación de Arrancaxestas de Ribadelouro

 

Sábado, 2 de decembro,  no Paseo da Corredoira

  • Ás 19.00 h Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro

 

Mercado de Nadal

  • Do 1 de decembro ao 5 de xaneiro no Paseo da Corredoira
  • Quince postos de decoración, agasallos, gastronomía… que irán rotando ao longo das tres quendas previstas.
  • Tres quendas
    • Do 1 ao 12 de decembro
    • Do 13 ao 24 de decembro
    • Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.
  • Horario:
    • Luns a xoves de 17 a 21 h
    • Venres de 17 a 23 h
    • Sábados, festivos e vésperas de festivos  de 12 a 14 h e de 17 a 23 h
    • Domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21 h.
    • Permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.
  • Concertos
    • Sábado 2 ás 21 h RMS
    • Sábado 16 ás 21 h Leira Rock
    • Sábado 23 ás 21 h BlackLabel Dúo
    • Sábado 30
      • Ás 19 h "Kedirán", grupo formado por Dani Pazos e Xía Sar
      • Ás 21 h La Timba Mullallo
  • Obradoiros
    • Personalización de bolas de Nadal
    • Fabricación centro de mesa de Nadal
    • Coidados de mobles
    • Consellos para facer pequenos arranxos ou restauracións

 

Corais na rúa

  • No Paseo da Corredoira
  • Sábado 9
    • ás 13.00 h Coral Centro Social
    • ás 19.00 h Coral San Telmo
  • Domingo 10
    • Ás 13.00 h Coral Ponte das Febres

Nadal na Biblioteca

  • Exposicións
    • Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” . Até o 4 de xaneiro na Sala Municipal
    • Exposición “Re-construíndo soños con ladrillos e maquetas de Tui” de Luis Arias da Asociación “Exin Castillos y West”. No Anexo da Sala Municipal de Exposicións. Do 5 de decembro ao 5 de xaneiro.
  • Presentación de libros
    • Martes, 5 de decembro, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez presentación do libro “Tesouro espeleolóxico galego” do Grupo espeleolóxico Maúxo
    • Mércores, 13 de decembro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez presentación do libro "Rutas por el pasado judío de Galicia" de Gloria de Antonio Rubio.
  • Mercado Solidario de Libros
    • Do 13 decembro ao 5 xaneiro na Sala de Exposicións Municipal
  • Obradoiros infantís. Inscrición previa para cada obradoiro en biblioteca@tui.gal  
    • Martes, 26 de decembro, ás 11.30 h Adornando o Nadal
    • Mércores, 27 de decembro, ás 11.30 h Os elfos fabrican xogos
    • Xoves, 28 de decembro, ás 11.30 h Facendo Inocentadas
    • Venres, 29 de decembro, ás 11.30 h Crea a túa marioneta
    • Martes, 2 de xaneiro, ás 11.30 h Voando coa papiroflexia
    • Mércores, 3 de decembro, ás 11.30  h Xogando Xuntos
    • Xoves, 4 de xaneiro, ás 11.30 h A maxia do Nadal e Reis

 

Conservatorio e Escola Música na rúa

Concertos do alumnado

  • Xoves 14 decembro ás 18.00 h e 19.30 h
  • Venres 15 decembro ás 17.30 h e 19.00 h
  • Xoves 21 decembro
    • Ás 17 h Taller gratuíto de creación de instrumentos de Nadal para nenos e nenas de 4 a 7 anos, e concerto de alumnado
    • Ás 19.00 h Concerto do alumnado

Musica de Nadal no Teatro

  • No Teatro Municipal
    • Sábado 16 ás 21.30 h Concerto de Nadal da Eurocidade a cargo de Mistura Vocal, Vocalis Contrasta, Academia Música Fortaleza de Valença e Kasual Quartet
      • Entradas á venda dende o 1 de decembro en tui.gal. Prezos 6€ e 4,5€.
    • Mércores 20 ás 19.00 h Concerto Solidario de Nadal do alumnado do Conservatorio CMUS e da Escola de Música de Tui e presentación do segundo disco de Manuel Madarnás “La MMarca-Vol. II”
      • Recollida de alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño dende ás 17 h
      • Entrada 1 quilo de alimentos non perecedoiros
    • Venres 22 ás 20.30 h Concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui e das corais Ponte das Febres, Centro Social e San Telmo
    • Entradas á venda dende o 1 de decembro en tui.gal. Prezos 4€ e 3€.

 

II San Silvestre Solidaria Tudense: Correr e Andar

  • Domingo, 31 decembro ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira
  • Inscrición até o 28 de decembro en https://clubatletismotui.wordpress.com/san-silvestre/
  • Distancia 5 quilómetros
  • Ao remate chocolatada e rosca. Ás 12 h uvas coas badaladas
  • Organiza: Atletismo Tui e Concello de Tui

Cabalgata de Reis

  • Venres, 5 de xaneiro