Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tecendo Feminismo

Data: 
2/03/2024
Lugar: 
Praza da Inmaculada

Este sábado, 2 de marzo, a partir das 10.30 h no edificio da praza da Inmaculada terá lugar o obradoiro “Tecendo feminismo”. Esta actividade abre a programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller deste 2024.

 Nesta actividade elaborarase un lazo morado, símbolo da loita feminista, en crochet da man  de MYR Lanas e coa colaboración de Katia Lanas. Non é preciso inscrición previa e poderán participar todas as persoas que o desexen até completar o aforo.