Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Setembro xudeu en Tui

Data: 
2/09/2023
Lugar: 
Tui

Visitas guiadas, exposicións, conferencias, xornadas de debuxo, concertos, e gastronomía centran o amplo programa que ao longo do mes de setembro se vai celebrar en Tui baixo o título de “Setembro xudeu en Tui”. 

Photocoll “Porta da memoria” na Praza do Concello

Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau

Establecementos participantes con oferta de  pratos e tapas

  • Casa Pote. r/ Colón
  • Cruceiro do Monte. Randufe.
  • El Molino. Augusto González Besada
  • Emma. r/ Seixas
  • Época. Avenida da Concordia
  • Ideas Peregrinas. r/ Porta da Pía
  • Jaqueyvi. Praza do Concello
  • Monte Aloia.
  • O Albergue. r/ Seixas
  • O Novo Cabalo Furado. Praza do Concello
  • O Vello Cabalo Furado. R/ Seixas
  • Parador de Turismo San Telmo. r/ Tenencia
  • Puro Sabor. r/ Ourense
  • Santiamén. Paseo da Corredoira
  • Tapas e Viños. r/ Seixas
  •  

Sábado, 2 de setembro

Ás 12.00 h Visita guiada “Nacemento e crise da comunidade xudaica, unha ollada no urbanismo histórico de Tui” polo historiador Suso Vila. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Domingo, 3 de setembro

Ás 12.00 h Visita guiada á colección de Sambenitos do Museo Diocesano polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Martes, 5 de setembro

Apertura exposición “Tu pueblo será mi pueblo cedida pola Red de Juderías. Anexo Sala Municipal de Exposicións. Ata o 24 de setembro.

Mércores, 6 de setembro

Ás 20.00 h Conferencia Elyjah Byrzdett: El problema converso”. Na Sala Félix Rodríguez González.

Domingo, 10 de setembro

Ás 12.00 h Visita guiada á colección de Sambenitos do Museo Diocesano polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Xoves, 14 de setembro

Inauguración exposición divulgativa sobre Francisco Sánchez. No Paseo da Corredoira.

Sábado, 16 de setembro

Xornada de debuxo ao aire libre do patrimonio xudeu de Tui. En colaboración con Colectivo de Urban Sketchers de Galicia e de Portugal.

Ás 12.00 h Visita á Ruta Xudía de Tui pola historiadora da arte e guía oficial Sara Quintana. Inicio Oficina Municipal de Turismo.

Domingo, 17 de setembro

Ás 11.30 h Visita guiada “Ourives xudeus e criptoxudeus tudenses” polo historiador da arte José Ramón Fernández Fernández. Inicio na Oficina Municipal de Turismo

Ás 20.00 h Concerto de Marta Quintana. Na igrexa de San Domingos.

Mércores, 20 de setembro

Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez “A cidade de Tui na vida de Francisco Sánchez: entre a renovación urbana e a chegada dos xudeoconversos” por Suso Vila. Na Sala Félix Rodríguez González.

Venres, 22 de setembro

Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez “Francisco Sánchez médico” por Rosendo Bugarín. Na Sala Félix Rodríguez González.

Domingo, 24 de setembro

Ás 17.30  h Visita guiada ao patrimonio xudeu tudense. Inicio na Oficina Municipal de Turismo.

Ás 19.00 h Cociñando a historia. Elaboración e degustación de receitas do libro “Sabores de Sefarad, los secretos de la cocina judeoespañola” polo chef Javier Zafra. Na Praza de San Fernando. Prazas limitadas. Inscrición en turismo@tui.gal.

Luns, 25 de setembro

Ás 19.30 h Charla Gastrosimbología, conocer las claves y los mensajes de la cocina judía polo chef  Javier Zafra. Na Sala Félix Rodríguez González. Prazas limitadas. Inscrición en turismo@tui.gal.

Mércores, 27 de setembro

Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez “Francisco Sánchez, un tudense universal” por Laureano Alonso Álvarez. Na Sala Félix Rodríguez González.

Inauguración exposición biográfica sobre Francisco Sánchez. No Anexo Sala Municipal de Exposicións. Até o 16 de novembro.

Visita autoguiada á ruta xudía de Tui: https://rutajudia.turismotui.mobi/