Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sempre Arriba con “C´est pas possible”

Data: 
6/08/2020
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O xoves 6 de agosto, ás 21 h, chega ao Paseo da Corredoira o espectáculo de novo circo  “C´est pas possible” da man de Sempre Arriba. Vai dirixido a público familiar a partir dos 2 anos. A capacidade está limitada a 100 espectadores previa reserva de entrada en  www.enterticket.es

Marta Iglesias convida nesta obra de rúa a saír da rutina e gozar con aquilo que nos gusta. 

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 3 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.