Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Samuel Diz con "Memoria da melancolía"

Data: 
14/03/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Aprazado coma medida preventiva para evitar o contaxio por Coronavirus

As persoas que tiñan mercado xa a súa entrada on line para este eventos recibirán unha comunicación do departamento de Cultura dando conta da cancelación do espectáculo, e a nos próximos días lles será devolto o importe das entradas polo mesmo método no que realizaron o pagamento.

O sábado 14 de marzo, ás 20.30 h, o Teatro Municipal de Tui acolle ao tudense Samuel Diz en concerto baixo o título de "Memoria da melancolía". 

Samuel Diz homenaxea a María Teresa León no seu novo traballo discográfico. Faino a través da súa autobiografía e de músicas inéditas de compositoras e compositores coetáneos á escritora que viviron o exilio republicano da Guerra Civil española

  • Intérprete: Samuel Diz. Composicións de Manuel de Falla, Rosita García Ascot, Emiliana de Zubeldía, Adolfo Salazar, Gustavo Durán ou Simón Tapia Colman.
  • Xénero: Música de cámara
  • Clasificada:
  • Recomendada: Adultos
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma: Galego

As entradas poranse á venda en www.culturatui.info unha semana antes até o sábado 14 ás 12 h, e o mesmo sábado dende ás 19 h no despacho de billetes aos prezos  5€ e 4€.