Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción dos Reis Magos

Data: 
5/01/2021
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Os Reis Magos ofrecerán unha recepción os cativos e cativas de Tui o próximo martes, 5 de xaneiro, de  11 a 20 h no Teatro Municipal de Tui.

Para asistir é preciso reservar previamente entrada de forma gratuíta en tui.gal. Cada entrada dará acceso a un máximo de 4 persoas, e establécense cinco quendas cada 10 minutos, cun total de 200 quendas.

No momento de facer a reserva débese cubrir o nome e apelidos e teléfono de contacto de cada unha  das persoas asistentes.

A recepción contará cun estrito protoloco anticovid.

Á chegada á Area Panorámica os paxes reais e o persoal municipal irán conducindo aos asistentes no circuíto establecido até o interior do teatro onde dende as escadas que dan acceso ao escenario os cativos poderán saudar con distancia a Melchor, Gaspar e Baltasar e fotografarse con eles.

Recoméndase acudir ao Teatro con 10 minutos de antelación sobre a hora fixada na entrada para evitar aglomeracións.

No vestíbulo será preciso a desinfección de mans con hidroxel e lémbrase o uso obrigatorio de máscara para os maiores de 6 anos.

Reserva de entradas