Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Programación “Somos e seremos Inmarcescibles” co gallo do 8M

Data: 
2/03/2020
Lugar: 
Tui

A programación prevista a partir do venres 13 de marzo foi aprazada coma medida preventiva para evitar o contaxio por coronavirus

“Somos e seremos Inmarcescibles”  é o lema da programación coa que se conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.

  • Venres, 6 de marzo
    • Ás 12h na praza do Concello Acto institucional no que intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e no que a tudense Andrea Gonzalez, unha das Top 100 Mulleres Líderes en España, dará lectura a un manifesto, e lectura duns poemas por parte Emilia Rosende. Presentación das “Mulleres Senlleiras de Tui 2020”.
  • Sábado, 7 de marzo
    • Ás 20 h na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, Baia Fernández de la Torre, artista, poeta e terapeuta da risa, ofrecerá o monólogo “En que pensan as mulleres”.
    • Ás 22 h no Parador de Turismo Cea Homenaxe ás Mulleres organizada por mulleres de Tui na que colabora o Concello de Tui.
  • Domingo, 8 de marzo, Día Internacional da Muller,
    • Ás 12 h Concentración na Praza da Inmaculada.  O Club de Lectura do IES San Paio levará a cabo unha lectura de poemas,, Actuación Xoana presentando o seu traballo musical “Dardos”.
  • Martes, 10 de marzo ás 19 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
    • Obradoiro “Mulleres fronte ao espello” impartido pola coach Hérika Míguez.  É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.
  • Mércores, 11 de marzo, ás 10 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
    • Almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54
  • Venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz
    • Taller  de ioga e meditación “Equilibrio mente e corpo” a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.
  • Sábado, 21 de marzo, de 10 a 14h na praza de Abastos
    • “Ao vivo. Elas crean”, coa participación de mulleres creadoras 
  • Mércores, 25 de marzo, de 9.30 h a 14 h na aula da UNED de Tui
    • I Encontro Lider-A “Mulleres inspiradoras”
  • Venres 27
    • Exposición dos retratos realizados por Gemma Marqués das “Mulleres Senlleiras de Tui 2020”.
  • Sábado, 28 de marzo, de 10 a 14 h na Aula da UNED
    • Xornada de xénero centrada na igualdade e corresponsabilidade familiar dirixida a pais, nais, menores e adolescentes a cargo dun equipo de profesionais dirixido pola psicóloga Randall Hernández.