Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Píscore con "Concerto singular"

Data: 
16/07/2020
Lugar: 
Paseo da Corredoira

Música, humor, ritmo e comedia xestual son os elementos que combina en escena a compañía Píscore. Creada en 2016 está formada por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas. O xoves, 16 de xullo, ás 21 h no Paseo da Corredoira presentan o seu espectácilo "Concerto Singular" con capacidade para 100 persoas. 

Baixo a dirección de Fran Rei achegan un espectáculo no que catro prestixiosos solistas son convocados para un único concerto. Ao seu dispor teñen 16 baquetas e unha soa marimba.  Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. O resultado é un espectáculo para público de todas as idades.

Entradas

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 13 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

Protocolo COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.