Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

“Peter Pan y Wendy” El perro azul teatro de Logroño

Data: 
31/10/2018
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acollerá o mércores, 31 de outubro, ás 20.00 h á compañía El  perro  azul  teatro  de  Logroño con “Peter  Pan  y  Wendy”  . 

Trátase dunha comedia dirixida a público familiar a partir de 5 anos. É unha fábula sobre o tempo, o seu paso e o que supón, cunha historia de amor, con humor e o encanto dunha narración fantástica. Unha viaxe ao País de Nunca Xamais co neno que nunca crece, Peter Pan, e Wendy, e a súa filla, e a filla desta...

Dirección, dramaturxia e escenografía: Jorge Padín. Deseño de son e música: Elena Aranoa e Nacho Ugarte. Deseño de iluminación: Juan Berzal.  Elenco: Gemma Viguera e Fernando Moreno

 

  • Entradas a venda en www.culturatui.info ata o mércores 31 ás 12h, ou o mércores dende ás 18.30h no despacho de billetes.
  • Prezos: 4€ e 3€.
  • Xénero: Teatro/comedia
  • Clasificada: + 5 anos
  • Recomendada: Público familiar