Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os Bolechas con "Somos unha gran familia"

Data: 
13/07/2019
Lugar: 
Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica

A Sala Félix Rodríguez, da Área Panorámica, acolle o sábado, 13 de xullo, ás 12 h na Sala Félix Rodríguez a actividade "Somos unha gran familia" da man dos Bolechas, os populares personaxes creados por Pepe Carreiro. É unha actividade participativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e as súas familias, cunha duración aproximada de 50 minutos. Este evento forma parte do programa FalaRedes que promove a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, coa coordinación neste caso da Biblioteca Pública Municipal de Tui.

Da man de Sonia, Pili, Loli, Carlos, Braulio e Tatá e o seu can Chispa, os asistentes coñecerán o léxico  referido ás relacións de parentesco e descubrirán a importancia da familia a través do teatro e do xogo. De xeito transversal, tocarán temas como o traballo en equipo, a colaboración, o fomento de prácticas saudables e, por suposto, habilidades lingüísticas en galego, de forma que o idioma sexa o eixo a través do que se configura todo o universo de diversión que levan aparelladas as iniciativas dos Bolechas.