Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiros Cultiva a Mente

Data: 
1/10/2019
Lugar: 
Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro.

De outubro a xuño celebranse nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro os obradoiros "Cultiva a mente". Están promovidos polo Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.

As persoas participantes, preferentemente maiores de 55 anos, aprenderán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.

Horario:

  • Martes: de 10 a 11.30 h en Caldelas e de 12 a 13.30 h en Guillarei
  • Mércores: terán lugar de 10 a 11.30 h en Pazos de Reis e de 12 a 13.30 h en Areas
  • Xoves: de 10 a 11.30 h en Rebordáns e de 12 a 13.30 h en Ribadelouro.

Inscrición:

  • Nos Servizos Sociais Comunitarios na casa do concello de Tui
  • No correo electrónico aux.ssociais@tui.gal
  • No teléfono 986 60 36 25 ext. 54.  

* As persoas interesadas poden elixir o horario que mellor se axuste as súas preferencias independentemente do seu lugar de residencia.

Impreso de inscrición