Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro Preservación e Conservación de Documentos en Papel

Data: 
6/06/2019
Lugar: 
Arquivo Municipal

O xoves, 6 de xuño, ás 10 h impartirase no Arquivo Municipal de Tui  o Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel  para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do Eurocidade Tui – Valença. Está organizada conxuntamente polos arquivos municipais de Tui e Valença. 

Correrá a cargo de técnico do Arquivo Municipal de Valença, e contará cunha duración aproximada de catro horas. Está dirixido a persoas interesadas na conservación de documentos históricos en papel e o único requisito que deben cumprir os participantes é que deben aportar o documento en papel da súa propiedade sobre o que se vai traballar neste obradoiro.

A inscrición gratuíta e limitada (por orde de inscrición) debe realizarse enviando o modelo de inscrición ao correo electrónico: arquivo@tui.gal.

Modelo de inscrición