Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro Gratuíto en Habilidades Sociais

Data: 
11/10/2019
Lugar: 
Centro Municipal de Formación do Concello de Tui

O venres 11 de outubro, de 10 a 14 h, celebrarase no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui un obradoiro gratuíto de “Habilidades Dixitais”. Esta actividade forma parte dos talleres Progresa Digitalmente, un proxecto formativo desenvolvido en España  por Facebook coa colaboración de Acción Laboral, e neste caso do Concello de Tui. Ao remate do obradoiro as persoas asistentes obterán a Certificación Internacional de Facebook en Innovación, Social Marketing, Presenza Web e Ciberseguridade. Ao longo das catro horas farase unha introdución ao método de innovación denominado “Design Thinking” e darase conta dos beneficios do marketing social en diversas áreas. Outro dos contidos será a utilización e importancia das ferramentas web, ofrecendo consellos de seguridade online, para identificar as vulnerabilidades web e os métodos básicos para protexerse contra o phising  e o malware

Destinatarios:  mozos e mozas con idades entre os 18 e os 30 anos.

Horas lectivas: 4 horas lectivas 

Inscrición

  • Centro Municipal de Formación de luns a venres de 9 a 14 h
  • Teléfonos 986 60 39 49  ou no 670245 633
  • Correo cfo@tui.gal,