Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro de Ilustración con Xosé Tomás

Data: 
10/10/2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle o xoves, 10 de outubro, ás 17.30 h un obradoiro de ilustración a cargo de Xosé Tomás. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro. Xosé Tomás é un dos referentes da ilustración en Galicia. Ilustrador, humorista gráfico, e profesor no Baixo Miño o seu campo de traballo abrangue diversos ámbitos pero a maioría da súa obra sitúase na ilustración para obras de literatura infantil e xuvenil.

  • Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos
  • Inscrición previa gratuíta na propia biblioteca