Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nadal na Biblioteca

Data: 
5/12/2022

A Bibioteca Municipal organiza diversas actividades para estas festas. 

Do 5 ao 30 de decembro, está aberto o Mercadiño Solidario de Libros no anexo da Sala de Exposicións Municipal. Alí, pódense intercambiar os ibros por calquera produto de Nadal. 

Do 26 ao 30 de decembro ás 11.30 h  haberá obradoiros de Nadal, que van dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos. É preciso inscrición previa en biblioteca@tui.gal.

  • Luns 26: Adornos de Nadal 
  • Martes 27: Animais fantásticos 
  • Mércores 28: Xoguemos xuntos
  • Xoves 29: Contos de elfos
  • Venres 30: A maxia do Nadal

Por outra banda, do 2 ao 4 de xaneiro abrirase o planetario "Navegando polo Universo". Haberá tres visitas pola mañá, ás 12:00, ás 12:45 e ás 13:30; e tres pola tarde, ás 17:00, ás 17:45 e ás 18:30. Tamén é precisa inscrición previa para esta actividade. 

Tamén dende o 16 de decembro ata o 7 de xaneiro haberá unha exposición sobre os dez anos de actividade da Asociación "Diversidades Acolle". Estará no anexo da Sala Municipal de Exposicións. 

Amais está aberta, e até o 29 de xaneiro, a exposición "O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra" na Sala Municipal de Exposicións.