Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Música en Camiño

Data: 
19/10/2019
Lugar: 
Catedral de Tui

O sábado, 19 de outubro, ás 18 h, a Catedral de Tui acollerá o concerto “Música en Camiño” organizado pola CEER, a Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. 

 “Música en Camiño” é un proxecto promovido pola CEER, a Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, coa colaboración de varios compositores e compositoras de Portugal e Galicia, que compuxeron diferentes obras relacionadas co Camiño de Santiago. O de Tui será o primeiro dos concertos previstos, aos que sucederán os programados para este domingo no Auditorio de Goián, Tomiño, e na Basílica de Santa María Maior en Pontevedra, o sábado 26 no Albergue de Briallos en Portas, e o domingo 27 na Igrexa da Universidade en Santiago.  O proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia e conta coa participación da Deputación de Pontevedra e o apoio dos diferentes concellos polos que transcorre a programación.