Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mes da Biblioteca

Data: 
3/10/2019
Lugar: 
Sala Félix Rodríguez e Biblioteca Municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza co gallo do "Día da Biblioteca" diversas actividades de animación á lectura que se van desenvolver ao longo do presente mes de outubro baixo o título de "Mes da Biblioteca".

  • Xoves, 3 de outubro, ás 20 h na Sala Félix Rodríguez.
    • Presentación do libro “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro” de Óscar Pazos Rodríguez 
  • Xoves, 10 de outubro, ás 17.30 h, na Biblioteca Pública Municipal
    • Obradoiro de ilustración titulado “Rachando gaiolas” co ilustrador Xosé Tomás. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas con idades entre os 8 e os 12 anos. Cómpre inscrición previa na propia biblioteca. Xosé Tomás é un dos referentes da ilustración en Galicia. Ilustrador, humorista gráfico, e profesor no Baixo Miño o seu campo de traballo abrangue diversos ámbitos pero a maioría da súa obra sitúase na ilustración para obras de literatura infantil e xuvenil.
  • Xoves, 17 de outubro, ás 18.00 h, na Biblioteca Pública Municipal
    • Espectáculo “A música da auga” co Bardo Abelardo. Trátase dun conto cantado no que se pon en valor a importancia fundamental da parte feminina das nosas vida: a auga, a terra, a tenrura, a paz e a solidariedade para acabar con todo tipo de violencias. Está dirixido a rapaces e rapazas de ata 11 anos. A entrada será libre ata completar a capacidade do local.
  • Xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18.00 h na Biblioteca Pública Municipal
    • A pirata escarlata” con Marisa Irimia, ilustradora, contacontos e animadora da lectura. Esta actividade trata de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas. Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 11 anos de idade.
  • Semana do luns 21 ao domingo 27 de outubro
    • A Biblioteca Municipal tudense ofrecerá un agasallo de libros descatalogados ou procedentes de doazóns a todos os usuarios que se acheguen ata este centro bibliotecario.
  • Sábado, 26 de outubro, saída ás 17h da Biblioteca Pública Municipal  (*Houbo un cambio de hora, estaba prevista inicialmente para ás 12 h pero mudou para ás 17 h)
    • Ruta Literaria  guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Realizará un percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses, lembrando a súa traxectoria e as súas obras.