Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

La Quintana con “O Premio”

Data: 
5/03/2021
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 5 de marzo, ás 19.30 h a comedia “O Premio” de man de La Quintana.

Marian Bañobre dirixe a Victoria Teijeiro Álvarez, Raquel Espada e Xurxo Cortázar nesta obra teatral de creación colectiva con dramaturxia de Santiago Cortegoso.

“O Premio” é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”.  A obra parte dun momento, nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, as persoas caen en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.  Plantexan tres finais distintos en función do voto do público.

Duración: 90 minutos

Prezos: 6€ e 5€.

Venda de entradas dende o luns 1 de marzo até o venres 5 ás 18.30 h

MERCAR ENTRADAS

Recomendada: Público adulto

www.laquintanateatro.es