Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IV Concurso de Pintura Pinta Tui

Data: 
12/10/2019
Lugar: 
Tui

O próximo sábado, 12 de outubro, celebrarase en Tui o IV Concurso de Pintura “Pinta Tui”, organizado polo Concello de Tui xunto a ACITUI e Efectos.

Poderán participar todos os artistas que así o desexen, que deberán pintar o propio sábado día 12, in situ, calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui. Poderán empregar como técnica óleo, acrílico, acuarela, carboncillo, tintas ou ceras sobre un lenzo cun tamaño mínimo de 40 centímetros e un máximo de 120 centímetros.  Os soportes serán selados pola organización na Oficina de Turismo entre ás 8 e ás 10 h o sábado, e poderán comezar a pintar ás 10 h . As obras deberán ser entregadas antes das 19 h na Oficina de Turismo.  

A entrega de premios terá lugar o sábado, despois das 20h tras a deliberación do xurado, na Oficina de Turismo.

 BASES:

Primeira: Neste concurso poderán participar todos os artistas nacionais i estranxeiros que o desexen maiores de 18 anos. Así mesmo haberá un concurso con premios para menores de 18 anos

Segunda: O estilo e a técnica serán óleo, acrílico, acuarela, sanguina, carboncillo, tintas ou ceras sobre lenzo. O artista virá provisto de todo o material necesario para a execución da súa obra.

Terceira: O tema será calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui e necesariamente as obras deberán ser pintadas en directo “in situ”.

Cuarta: O soporte pode ser variado cun tamaño mínimo de 40 cm. e un máximo de 120 cm. en calquera dos seus lados e de superficie lisa. Permitiranse no soporte imprimacións de cor coma fondo, pero non se admitirán esquemas, debuxos ou calquera sinal sobre eles previo ao traballo. ( As obras non se poderán asinar ata despois do fallo do xurado).

Os soportes serán selados pola organización desde as 8,00 h. ata as 10,00 h. do día 12 de outubro no interior da Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando, antes de comezar a traballar con eles. O certame iniciarase a partir das 10,00 horas.

Quinta: O xurado estará formado por persoas relacionadas con mundo da arte e que serán seleccionadas polo Concello de Tui. A decisión do xurado será inapelable. O xurado queda facultado para resolver calquera outro aspecto non previsto nestas bases.

Sexta: As inscricións son gratuítas e realizaranse desde o día 15 de setembro ata o 12 de outubro por correo electrónico turismo@tui.gal, no correo de ACITUI, acitui@acitui.es, ou no correo de Efectos manualidades y Bellas Artes, efectostui@hotmail.com, ou na propia Oficina de Turismo., facilitando a seguinte información:

  1. Nome e apelidos, DNI, dirección e correo, teléfono contacto
  2. Documento no que se exprese o coñecemento e a aceptación das Bases

No mesmo día do certame, confirmarase a inscrición e levarase a cabo o selado dos soportes.

Sétima: As obras rematadas recolleranse durante o día 12 de outubro antes das 19,00 horas na Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando: as obras irán sen sinatura e unicamente unha obra por participante. O xurado deliberará ata as 20,00 h., momento no que se procederá a entrega dos premios. O acto de entrega dos premios farase na Oficina de Turismo, tras a deliberación do xurado que se fará a porta pechada.

Oitava: Outorgaranse varios premios para os maiores de 18 anos:

  1. Primeiro premio: Premio  de 350 € , 250 € de material de pintura e 100 € en metálico e a posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui.
  2. Segundo premio: Premio de 250 €, e 175 € en material de pintura e 75€ en metálico  e   a posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui.
  3. Premio de 150 € , 100 € en material de pintura e 50 € en metálico, coa
  4. Premio de 100 € en material de pintura, coa posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui.
  5. Premio de 50 € en material de pintura, coa posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui.
  6. Mencións especiais que recibirán un agasallo ou trofeo

Novena:  Os menores de 18 anos recibirán o 1º premio 150 € en material, o 2º, 100 € en material e o 3º, 50 € en material.

Decima: No caso de asistir menores de 10 anos, outorgarase un agasallo a todos eles consistente en material de pintura por xentileza do colaborador e patrocinador do evento Efectos.