Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IV Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica

Data: 
11/05/2019
Lugar: 
Río Miño

O IV Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica celebrará o sábado, 11 de maio, a primeira proba en Tui. Está organizado polo Club Sen Amarras, coa colaboración da Federación Galega de Motonáutica e do Concello de Tui.

Será  dende as 11 h no CETD (Centro Interfederado de Remo e Piragüismo) competirán deportistas con e sen discapacidade. Trátase dunha competición de regularidade, na que os participantes deberán realizar un percorrido no río Miño, estilo slalom, sobre unha superficie dun cuarto de milla, con diferentes probas: recollida de pelota ou balón, fondeo da embarcación, marcha atrás, zona de aro, amarre e, por último, proba de lance.

A entrega de premios está prevista para ás 14 h.

A inscrición previa realizarase no Club Sen Amarras no teléfono 986 62 30 44.