Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IV Aula Internacional de Saxofón

Data: 
14/07/2019

Do domingo 14 ao mércores 17 de xullo celébrase a IV Aula Internacional de Saxofón, na que van participar unha véntena de alumnos nas masterclasses previstas a cargo dos profesores Xosé Luis Miguélez, gañador dos premios Martín Codax ao mellor disco de jazz; Rafael Yebra, profesor catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e Kyle Horch, profesor catedrático do Royal College de Londres, que ofrecerá en Tui a súa primeira masterclass en España.

De forma paralela celebraranse catro concertos:

  • Domingo 14 ás 20.30 h na igrexa de San Domingos
    • Concerto de Multiplensemble Saxo-Percursión. Rafael Yebra, saxofón, e David Rodríguez, percusión.
  • Luns 15 ás 20.30 h na praza de San Fernando
    • Concerto de Xacobe Martínez Antelo trío. Xosé Miguélez, saxofón; Xacobe Martínez, contrabaixo e Max Gómez, batería.
  • Martes 16 ás 21 h na Igrexa de San Domingos   
    • Concerto de Kyle Horch e Rafael Yebra
  • Mércores 17 ás 20.30 h no Palco da Música no Cantón de Diómedes
    • Concerto de Sax Inflexión

A IV Aula Internacional de Saxofón está organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frey Rosendo Salvado.