Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade

Data: 
1/06/2019
Lugar: 
Novo pavillón de deportes de Tui

O sábado, 1 de xuño, dende ás 16 h celébrase no novo pavillón deportivo municipal de Tui o I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade. Está organizado pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, o CSD, a Federación Española de Baile Deportivo e a Federación Española de Hip Hop.

Máis de 250 deportistas competirán neste trofeo en busca dunha das prazas para participar no Campionato do Mundo de Street Dance, que se celebrará no mes de agosto, na localidade británica de Blackpool.

Esta proba tamén será puntuable para o ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo na modalidade de Hip Hop.

Entrada 7€.