Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

Data: 
23/08/2019

O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”.

Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín, podendo aparecer nas mesmas o número de persoas que o autor estime oportuno   

Os interesados en participar no concurso deben enviar as fotografías xunto como modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os seus datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación si aparecen menores na mesma. As fotografías deben enviarse até o 30 de setembro.

O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da Catedral de Tui.

Bases | Solicitude participación