Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Concurso de Maxia na rúa Miñomáxico

Data: 
17/08/2019
Lugar: 
Conxunto histórico de Tui

O sábado, 17 de agosto, celebrarase o I Concurso de Maxia na rúa – Miñomáxico en Tui, organizado polo Concello de Tui coa colaboración dos magos Samuel Moreno e Javier Argüelles.  A cita será no conxunto histórico onde os magos irán actuando cada media hora, e haberá un personaxe que irá conducindo ao público no percorrido dende ás 19.30 h.

I Concurso de Maxia de Rúa de Tui, Miñomáxico

Sábado, 17 de agosto de 2019, dende as 19:30 h

  • Ás 19:30 h Presentación no Palco de Música no Paseo da Corredoira
  • Ás 20:00 h Mago Deimi (Ribadavia) no entorno do Palco de Música
  • Ás 20:30 h Mago Zanas (Tomiño) na zona dos soportais no Paseo da Corredoira
  • Ás 21:00 h Mago Paco (Marín) na praza de San Fernando
  • Ás 21:30 h Mago Samuel Moreno na praza de Fromista
  • Ás 22:00 h Maga Paula (Vigo) na praza de San Telmo
  • Ás 22:30 h Mago Xulio Merino (Vigo) na praza de San Fernando 

Ao remate de cada actuación o mago ou maga entregará unha papeleta ao público para emita a súa puntuación. Ao remate da actuación do último mago farase o reconto dos votos e se entregarán os premios aos tres primeiros clasificados.

Premios

  1. 300 € e trofeo
  2. 200 € e trofeo
  3. 100 € e trofeo.

Entre todos aqueles que cubran na papeleta o seu nome e teléfono sortearanse diversos agasallos doados polo comercio local.

O sorteo de agasallos entre o público que deposite os seus datos nas papeletas de votación terá lugar no programa Día a Día da Radio Municipal, e os gañadores publicitaranse a través das redes sociais.