Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galitoon con "The show moscón"

Data: 
6/03/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Galitoon presenta o venres, 6 de marzo, ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui o seu novo espectáculo "The show moscón".

Sinopse: Un moscón gordo e rollizo é o presentador dun circo ambulante de varietés. Ten lugar no interior dun armario que abre as súas portas para amosar Divas da canción, absurdos números musicais, espeluznantes Magos e Mentalistas, incribles bebés equilibristas, …

  • Autoría, dirección, adaptación e iluminación: Chisco Casteleiro
  • Escenografía e vestiario: Galitoon
  • Son: Óscar Rico
  • Elenco: Lucía Aibar/Rubén Mira e Chisco Casteleiro
  • Xénero: Títeres/Novo Circo
  • Duración: 50 minutos
  • Idioma: Galego

As entradas poranse á venda en www.culturatui.info unha semana antes até o venres 6 ás 12 h, e o mesmo venres dende ás 18 h no despacho de billetes aos prezos 4€ e 3€.