Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Exposición Rompe.Xoga en Igualdade

Data: 
2/03/2020
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Do 2 de marzo ao 1 de abril a Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle a exposición “Rompe. Xoga en igualdade”. Trátase dunha exposición itinerante da Deputación de Pontevedra que neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui. Con esta actividade ábrense en Tui os actos para conmemorar o Día Internacional da Muller, promovidos dende a Concellería de Igualdade.

A mostra “Rompe. Xoga en Igualdade”, presenta unha serie de bonecas nas que se interviron para amosar situacións  de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así coma na transmisión de valores.

A exposición “Rompe. Xoga en igualdade” será inaugurada o luns 2 de marzo ás 12h na Sala de Exposicións na Área Panorámica.