Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”

Data: 
21/07/2020
Lugar: 
no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica

Até o 7 de agosto pódese visitar a exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”  no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho co apoio do programa SmartMinho,financiado polo fondo europeo Interreg.

Nesta mostra reflíctese  a importancia que ten o río Miño nas localidades do seu arredor, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais e a xente que habita na súas ribeiras coas súas propias costumes, técnicas e gastronomía.

Os visitantes poden contemplar as marxes do río con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos, e a través de códigos QR mergullarse no seu interior para coñecer unha trampa de pesca da lamprea e as súas especies acuáticas máis icónicas.