Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Exposición "Pérdete no rural"

Data: 
17/07/2020
Lugar: 
Oficina Municipal de Turismo

Unha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición “Pérdete polo rural” que até mediados de agosto se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo.

Diferentes pezas prehistóricas con talla lítica, os bosquexos dos que partiu o mapa visual, unha maqueta da conca do Miño cos petróglifos máis representativos en cada municipio, conforman esta mostra, que pretende tamén servir de guía para que o visitante poida despois realizar o roteiro polas parroquias tudenses. Así pódense coñecer os petróglifos, as fontes, as igrexas, os cruceiros, os muíños… que forman parte do noso legado patrimonial.