Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición "Natural Artificial" de Uxía R.M

Data: 
15/02/2024
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Do 15 de febreiro ao 16 de marzo poderá visitarse na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a exposición "Natural Artificial" de Uxía R.M. 

A inauguración terá lugar o xoves, 15 de febreiro, ás 19.30 h. 

Esta é a primeira exposición da tudense Uxía R.M. Reúne unha selección de obras realizadas dende que comezou a carreira de Belas Artes ata a actualidade. Na mesma presenta os seus traballos en disciplinas artísticas: principalmente pinturas acrílicas o ao óleo pero tamén fotografía e debuxo.

Uxía Rodriguez comenta que “o nome da exposición ven dado por unha das obras máis relevantes da exposición, un conxunto de 10 pinturas que formaron o TFG da artista. Aínda que nun principio era o nome de unha obra concreta decidiu resignificalo para toda a exposición en parte por que o TFG foi o culmen do seu paso pola universidade, pero tamén porque como nos ensinou René Magritte na sua obra Ceci n’est pas une pipe (Esto non é unha pipa) unha pintura non é o que representa, así por moito que as obras representen elementos naturais a pintura e artificial. Así esta exposición pretende principalmente dúas cousas, ser unha recompilación de obras, e mostrar e facer reflexionar sobre o Natural e o artificial, sobre onde están os límites que separan estes conceptos”.