Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición Espazo do Eu de Cora Novoa

Data: 
30/06/2021
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle, ata o vindeiro 10 de xullo, a mostra “Espazo do Eu”, realizada pola tudense Cora Novoa. Trátase do seu traballo de fin de grado realizado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo.

A propia Cora Novoa afonda na significación desta exposición coas seguintes palabras: para poder partir, en ocasións, precisamos establecer un suposto, catalogar ou fraccionar, como forma de achegamento. Este proxecto xorde da necesidade de entender, explorar e achegarme ao concepto do “Eu” dende o único "eu" que podo experimentar. O eu configura o espazo que habito. Un Eu múltiple, consciente, cambiante, fluido, fragmentado.

O xoves, 8 de xullo, ás 11.30 h terá lugar unha visita comentada á mostra “Espazo do Eu” a cargo da súa autora Cora Novoa. Poden asistir todas as persoas interesadas até completar o aforo establecido.