Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Entroido 2024

Data: 
18/02/2024
Lugar: 
Tui

O martes, 13 de febreiro, Martes de Entroido, ás 17.30 h celebrarase en Tui o XXXV Desfile Concurso de Entroido

A concentración dos participantes levarase a cabo o martes 13 de febreiro, de 15:30 a 17:00 horas, na rúa Mártires de Sobredo e  rúa  A  Guarda.  O desfile comezará ás 17:30 h para realizar un percorrido por un circuíto pechado ao  tráfico polas  rúas Mártires de  Sobredo, Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.

 

Un total de 800 persoas pertencentes a 12 comparsas con 15 carrozas van participar neste XXXV Concurso Desfile de Entroido en Tui, enchendo de corido, animación, música,.. as rúas novas da cidade. 

A orde de participación será a seguinte Asociación Cultural Arume de Malvas de Tui con “As fochancas da Panorámica de Tui”; Asociación Diocesana Escutismo Tui-Vigo de Tui con “Case Nunca Máis”;  Asociación Cultural de Pontellas do Porriño con “A natureza e a súa maxia”; Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo de Salceda con “Terra dos mil segredos”; Charanga Cantos Somos de Tui con “Cantos somos… o mercado gourmet”; Asociación do Centro Cultural Parada do Miñor de Nigrán con “Os Camaleónicos”; Asociación Comparsa Os Choqueiros de Redondela con “Comparsa Os Choqueiros A Nosa Tribu”; Asociación Os da Casa de Vigo con “Pop Art Andy”; Asociación A Pandilla de Pontecaldelas con “La Pandilla en Las Vegas”; Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar con “Bahaus, fantasía racional”; Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei de Tui con “Forzas militares” e Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño con “Comparsa Luces, fantasía da Flor de Loto”. 

Establécense catro premios de 900€, 750€, 600€ e 450€ e trofeo na categoría Xeral, na que se valorará a concorrencia, actualidade, vestiario, parodia, e acompañamento musical valorados. En carrozas haberá catro premios de 600€, 500€, 400€, e 300€ e trofeo, e un único premio en fantasía de 500€ e trofeo. Amais as comparsas recibirán unha compensación pola súa participación que será de 700€ se desfilan con carroza, e de 250€ se non levan carroza. 

Mentres o xurado delibera actuará o Grupo Unión y Fuerza, que continuará amenizando a xornada festiva tras a entrega de premios. 

Enterro do Bacallau celebrarase o domingo, 18 de febreiro, a partir das 19:30 h. As persoas participantes deberán vestir de rigoroso loito

Os gañadoresda categoría Xeral do Desfile-Concurso serán os portadores do Bacallau, os gañadores da categoría de Carrozas realizarán a fabricación do Bacallau; e a comparsa ou grupo con máis puntuación no criterio de Acompañamento Musical farán a escolta musical do Bacallau.   

O Enterro do Bacallau sairá ás 19:30 horas dende a Praza de San Fernando, onde se procederá a ler ou cantar as coplas ao finado  Bacallau (2 persoas un máximo de 7 minutos, a cara descuberta) antes de velar e percorrer as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Corredoira,  Augusto G. Besada, Ourense e Aparcadoiro Municipal, onde terá lugar a cerimonia de incineración para dar remate á festa.  

+ Información, Bases e Modelo de Solicitude