Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enterro do Bacallau 2020

Data: 
1/03/2020
Lugar: 
Dende a praza de San Fernando ao aparcamento municipal

Loito rigoroso e pranto ruidoso. Tui despide o Entroido nun multitudinario Enterro do Bacallau, o domingo 1 de marzo, ás 19.30 h. 

Sairá da Praza de San Fernando para percorrer as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Paseo da Corredoira, ce continuará polas rúas Augusto González Besada, Ourense e rematará no Aparcadoiro Municipal, onde terá lugar a cerimonia de incineración para dar remate á festa.

Segundo o establecido nas bases a comparsa Cantos Somos será a portada do Bacallau por se os gañadores da categoría Xera, e serán a escolta ao ser os gañadores do Acompañamento Musical. Mentres a comparsa do Entroido de Pexegueiro, por ser os gañadores en Carrozas, son os encargados da fabricación do Bacallau.

Non haberá lectura de coplas, xa que non se presentou ningunha o pasado mércores 26, tal e coma figuraba nas bases.

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo dende ás 11 h ás 22 h estará pechada o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e por tanto non se poderá estacionar no mesmo.