Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais na Construción

Data: 
6/09/2021
Lugar: 
Centro Municipal de Formación

Do 6 ao 17 de setembro impartirase en Tui un curso básico de prevención de riscos laborais na construción organizado polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción. Será en horario: de luns a venres de 15.30 h a 21.30 h.

Este curso Básico de Prevención en Riscos Laborais ten cunha duración de 60 horas. Esta actividade formativas vai dirixida a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.

As persoas interesadas teñen que inscribirse, até venres, 20 de agosto,  enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal.  A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.

Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.

Ficha de inscrición