Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto Maxicamente

Data: 
23/12/2022
Lugar: 
Teatro Municipal

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o Nadal cun concerto o venres, 23 de decembro, ás 21.30 h ES, no Teatro Municipal, nun evento musical titulado “Maxicamente”.

As encargadas de conducir esta viaxe serán tres agrupacións das dúas beiras do río Mistura Vocal, Vocalis Contrasta e Kasual Quartet que sumarán 50 músicos en escena xunto ao actor Javier Fernández e baixo a dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García e a dirección musical de Aloia Martínez.

O cuarteto de jazz Kasual Quartet está formado por Pablo Garrido, saxofón, Ramiro Entenza, guitarra, Manuel  Lisboa, contrabaixo, e Diego Hernández, batería. Mentres o coro infantil Vocalis Contrasta da Academia de Música da Fortaleza de Valença está integrado por 13 nenos e nenas dirixidos por Yara Gutkin e acompañados polo pianista Antonio Sergio. Por ultimo 37 cantores e cantoras dirixidos por Aloia Martínez conforman o coro Mistura Vocal.

As entradas para este concerto, aos prezos de 5€ e 4€ estarán á venda dende o luns 19 ás 19 h en tui.gal e en cm-valenca.pt.