Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto de Fin de Ano

Data: 
30/12/2022
Lugar: 
Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 30 de decembro, ás 20.30 h o Concerto de Fin de Ano a cargo de catro agrupacións tudenses  a Banda de Música Popular de Tui, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo de Tui, e baixo a dirección artística de Eloy Carrera.

Ao longo de 100 minutos as catro agrupacións ofrecerán un programa marcado polas composicións de Nadal pero no que haberá tamén oco para bandas sonoras. O programa a interpertar é o seguinte: 

  • Los chicos del coro  
  • Vangelis 
  • Hallelujah 
  • Compañeira    
  •  Noche de Paz   
  • Adeste Fideles
  • We are the world 
  • Blanca Navidad 
  • Feliz Navidad
  • Radesky 

As entradas estarán á venda dende o luns 26 ás 12h até o venres 30 ás 20 h aos prezos de 4€ e 3€.